Máis de 200 participantes na Pedestre e na Andaia de Tordoia


O concello de Tordoia ven de vivir un día de festa do atletismo cun número elevado de participantes nas diferentes categorías, no que ademais de fomentar hábitos de vida saudable, foi un día para disfrutar do deporte en familia.

Os primeiros clasificados na Xeral foron Ángela Chapela Bouzas de Pontevedra e Manuel Oliver Pérez López de Culleredo.

A nivel local, os primeiros clasificados foron Damián Baleato Calviño e Mª del Mar García González.