Máis de 800 persoas reúnense na “ Romaría dá Terceira Idade” de Tordoia   ¡Novedad!


No día de hoxe máis de 800 persoas reuníronse para celebrar a cita anual da festa dedicada á Terceira Idade, na chaira situada á beira do campo de fútbol da Rega en Pontepedra.

Tras celebrarse a misa e antes da sesión vermouth, o rexedor Antonio Pereiro, tivo unhas palabras de agradecemento para todos os asistententes aos cales desexou un día de festa cheo de diversión.

Posteriormente fixo entrega da placa conmemorativa aos asistentes maiores de 90 anos. Tras a comida, o Trío Alborada amenizou a tarde con boa música que animou a bailar e gozar deste romaría dedicada aos nosos maiores.