Manuel Ferreiro presentou o libro “Esta é a terra dos eidos amigos”


A concelleira de cultura Manuela González Pallas, asistiu o pasado venres ao acto promovido pola Deputación Provincial no que se presentou o libro “Esta é a terra dos eidos amigos” de Manuel Ferreiro. O autor recolle nesta obra poemas de Eduardo Pondal nos cales se fai mención a varios concellos, entre os que se atopa o concello de Tordoia.