Martes de Entroido en Gorgullos   ¡Novedad!


O próximo martes día 5 de marzo, en Arcai de Abaixo, celebrarase o “Martes de Entroido” coa colaboración do Concello de Tordoia.

As celebracións iniciaranse ás 13.00 horas cunha misa solemne na capela de Santa Susana. Antes e despois da cerimonia, actuará Faiscas de Pontraga. Desde a organización convidan aos asistentes a ir disfrazados!