Martes de entroido


O concello de Tordoia está a celebrar esta tarde o “martes de entroido” con moita diversión para os máis pequenos, que están a gozar de inchables, talleres, xogos, música e chocolate con larpeira para recuperar as enerxías.
Así mesmo, os maiores tamén se están animando a participar con disfraces e gozan da diversión dos máis pequenos.
O concello agradece a participación de todos os veciños a pesar do frío qu e acompaña este día.