Más de 800 personas se reúnen en la “Romaría da Terceira Idade” de Tordoia   ¡Novedad!


No día de onte, máis de 800 persoas reuníronse para celebrar a cita anual da festa dedicada á Terceira Idade, na chaira situada á beira do campo de fútbol da Rega en Pontepedra.

Tras celebrarse a misa, o rexedor Eduardo Antonio Pereiro, tivo unhas palabras de agradecemento para todos os asistententes e posteriormente fixo entrega dun agasallo institucional aos asistentes maiores de 90 anos.

Tras a comida, o Trío Alborada amenizou a tarde con boa música que animou a moitos dos asistentes para bailar.