Nota informativa sobre o Samaín no PAI


Estimadas familias,
O vindeiro día 31 de outubro irnos celebrar no PAi (persoal e alumnado) unha festiña con motivo do Samaín, polo que os nenos e nenas poden vir disfrazados con motivo da celebración.
Ademais, podedes axudarnos a decorar o centro mandando unha ca baza decorada ó voso gusto, a poder ser coa axuda dos pequenos e pequenas. As cabazas poderanse mandar entre os días 26 e 31 de outubro.

Nesa mesma semana, o venres 3 de novembro realizaremos a Festa do Magosto no centro (entre as 11.00 e as 12.30 horas) a que poderán asistir todos os familiares que o desexen.
Disfrutaremos dunha pequena merendola na que non faltarán as castañas asadas. Pedimos tamén a vosa colaboración aportando algún doce ou outro tipo de comida da vosa preferencia. Evitade traer patacas, palomitas, froitos secos, … é dicir, alimentos cosque os ne nos e nenas se poidan atragoar.

 

Pode ver o comunicado da Dirección do centro na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Notas informativas do PAI