Obradoiro de lingua


O martes 10 de xullo se realizará, dentro do programa de Verán-Lúdico, un obradoiro de lingua impartido polo Servizo de Normalización Ligüística da Mancomunidade de Ordes, co obxectivo de estimular, nas xeracións máis novas, actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado do galego, mentres os rapaces e rapazas fan unha actividade lúdica divertida.

  • CARREIRA,DE OBSTÁCULOS: un pequeno circuíto duns metros de distancia no que hai que correr sorteando diversos obstáculos (elou recollendo algunha pelota polo medio) ao final do cal terán un sobre con sílabas de palabras que forman deportes. En cada carreira collerán unha sílaba e ao final de todas terán que formar os máximos deportes posibles. Cada resposta correcta daralles acceso a unha proba da busca do tesouro.
  • BUSCA DO TESOURO: consta de 10 probas, ás que terán acceso segundo o número de palabras acertadas na carreira de obstáculos anterior. Son 5 xeroglíficos, dous crebacabezas (un de ordenar letras e outro de ordenar sílabas), e tres enigmas (onde terán que substituír números por letras ou ler as letras de dúas en dúas para resolvelos). O equipo que máis probas resolva accederá á adiviña final e, no caso de acertala, resultará o gañador da xincana. No caso de empate, gañará o equipo que resolva as probas en menos tempo.
  • XOGO POPULAR (como o pano, pés quedos…) (só no caso de que sobre tempo).

Ademais, se repartirán diplomas entre todos os nenos e nenas participantes.