Oferta de prazas para o programa de Benestar en balnearios 2019   ¡Novedad!


Infórmase mediante Bando da Alcaldía de que está aberto o prazo ata o 2 de maio para solicitar praza no PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS 2019. Nesta ocasión, convócanse 700 prazas.

Requisitos das persoas beneficiarias:

    • Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
    • Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos/as que acudan en calidade de acompañantes.
    • Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
    • Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
    • Acadar, de conformidade co baremo, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

A persoa solicitante poderá ir acompañada do seu ou da súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa coa que teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, un filio ou filia que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, ou unha persoa coa cal desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos.

As quendas teñen una duración de 10 días (nove noites) cada unha, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as 12.00 h do día de chegada ata as 12.00 h do día de saída, e desenvolveranse entre o mes de maio e o de outubro de 2019.

Os servizos ofertados inclúen aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido cos tratamentos termais coas indicacións terapéuticas que figuren para cada balneario.

Máis información nos Servizos Sociais Comunitarios. Os datos de contacto son:

Baixo da Casa do Concello.

Luns, martes, xoves e venres: de 9.00 h a 14.00 horas.

servizos.sociais@tordoia.gal

981 690001 Persoa de contacto: Mónica Rodríguez Palacio.

Pode ver o bando da Alcaldía completo na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Bando apertura programa de Benestar en balnearios 2019