Pleno intenso en Tordoia no que se aprobaron o POS e o Presuposto do 2018, así como o PXOM


Un total de 783.000 € aportará o Plan de Obras e Servizos para o vindeiro ano, dos cales se destinará un 63% para inversión na mellora de diversoso camiños municipais, así como para a adquisición de un camión para a brigada municipal.

Tamén foi aprobado o presuposto municipal para o 2018 cos votos a favor de toda a corporación a excepción do BNG que se abstivo. Este orzamento que ascende a 2.750.000€, consolida e ten como principal obxectivo os Servizos Sociais, con dotación inicial para a construcción dunha vivenda tutelada e otros servizos, destinando unha cantidade superior aos 300.000€. Tamén se contempla a mellora nas infraestructuras das oficinas na casa consistorial co fin de adaptalas ás novas tecnoloxías informáticas.

Por último, destacar a aprobación provisional do PXOM, que unha vez emitido un informe da Dirección Xeral de Montes requerido no seu día por Urbanismo da Xunta, este organismo conta con dous meses de prazo para a súa aprobación definitiva.