Pleno Municipal o xoves 25 de maio, ás 11.00h no salón de Plenos


O próximo xoves 25, ás 11 da mañá celebrarase a sesión ordinaria do Pleno municipal do mes de maio na Casa do Concello. Ente outros asuntos, tratarase o firma de varios convenios, entre eles un coa Consellería de Medio Ambiente e Territorio para a realización das obras de construción de beirarrúas en Viladebade; así como un convenio con Augas de Galicia para a execución do saneamento en Castro (Bardaos).

Todas as sesións plenarias son abertas ao público, polo que dende o Concello faise unha invitación a todos aqueles veciños e veciñas interesados en coñecer a actualidade municipal.

Así mesmo, lembramos que poden consultar as actas dos Plenos anteriores, no Portal de transparencia municipal, na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Actas e acordos Portal de Transparencia

Para consultar a orde do día completa no seguinte enlace

VER PDF Orde do día Pleno 25 de maio de 2017