Prazos de reserva de praza, pre-inscrición e matrícula Punto de Atención á Infancia (PAI) do curso 2018/2019


BANDO

Don ANTONIO PEREIRO LIÑARES, alcalde do Concello de Tordoia (A Coruña)

FAI SABER:

Que polo Decreto N.0 36/2018 do 23/02/2018 no que se establecen os prazos de reserva de praza, pre-inscrición e matrícula para os/as usuarias do Punto de Atención á Infancia (PAI) de Tordoia para o curso 2018/2019, estableceronse as seguintes datas:

  • PRAZO DE RESERVA DE PRAZA (para nenos e nenas xa matriculados no PAI antes do 31 de xaneiro , que gozarán de preferencia para a adxudicación de praza, segunto o artigo IO do Regulamento de Réxime Interno do PAI): Do 1 ó 30 de marzo de 2018 (ambos incluídos)
  • PRAZO PARA PRE-INSCRICIÓN (para nenos e nenas entre 3 meses, na data de ingreso, e tres anos de idade): Do 1 ó 31 de maio de 2018 (ambos incluídos)
  • PRAZO DE MATRICULACIÓN (para os nenos e nenas que fixeron reserva de praza e pre-inscrición nos prazos anteriomente abertos): Do 15 ó 29 de xuño de 2017 (ambos incluídos)

Máis información: Punto de Atención á Infancia de Tordoia (981690350)

Tordoia, a 27 de febreiro de 2018

Descarga Bando Prazos de reserva de praza, pre-inscrición e matrícula do Punto de Atención á Infancia (PAI) do curso 2018/2019