Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2017


Que pola Orde do 24 de marzo de 2017 se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2017 (DOG nº 65 do 3.04.2017)

Persoas beneficiarias:

  • Persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2017 (nados entre o 2.1.2014 e o 1.1.2017, incluídos) e que, durante o ano 2015, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a teñan presentado de forma voluntaria. Para os efectos desta orde, enténdese por unidade familiar a formada polo pai e/ou a nai que teña/n a custodia do ou da menor polo que se solicita a axuda e os fillos e fillas da persoa solicitante.

Requisitos:

  • Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual en Galicia.
  • Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.
  • Que durante o ano 2015, nin as persoas solicitantes nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.

Contía da axuda: pagamento único de:

  • Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
  • Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
  • Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

Prazo de presentación: 35 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Desde o 4 de abril ata o 29 de maio de 2017, ámbolos dous incluídos.

Información e Tramitación: Servizos Sociais Comunitarios