Programa de benestar a través da Talasoterapia   ¡Novedad!


Este ano 2018 ponse en marcha 0 PROGRAMA DE BENESTAR A TRAVÉS DA TALASOTERAPIA, da Consellería de Política Social coa finalidade de facilitarlles ás persoas maiores o acceso a establecementos que ofertan talasoterapia en épocas nas que a climatoloxía non nos permite gozar directamente dos beneficios das augas mariñas.

Mediante este programa ofértanse un total de 210 prazas con estadias de 6 días (5 noites) nos talasos de Galicia e nos meses de outubro e novembro no Hotel Talaso Louxo , Isla de Ia Toja, Pontevedra, Talaso Atlántico ****, Oia, Pontevedra, Thalasso Cantábrico Viveiro, Lugo.

Persoas beneficiarias e requisitos

1 . Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.

  1. Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
  2. Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa.
  3. Non padecer alteracións do comportamento que podan afectar á normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  4. Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos de talasoterapia.
  5. Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que Ile permita acceder a un dos talasos e quenda solicitada.

Prazo: ata o día 31 de xullo do 2018

Presentación de solicitudes e máis información: Servizos Sociais municipais