Programa Xuventur 2017


A Axencia Turismo de Galicia e a Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado poñen en marcha o programa Xuventur 2017. Trátase dun programa de actividades de educación non formal para desenvolver en establecementos rurais galegos, en estancias de fin de semana, que sirva tanto para a adquisición de competencias e habilidades por parte da mocidade como para fomentar o coñecemento da riqueza natural, o coidado do ambiente, o goce da paisaxe e o contacto coa natureza entre a mocidade.
Ofrécense distintas alternativas de participación no mes de outubro.

Xuventur 2017 está dirixido á xente nova que teña entre 18 e 30 anos no momento da solicitude e queira gozar dun programa de actividades de educación non formal nos espazos naturais de Galicia.

O programa, que é gratuíto, inclúe:
• Aloxamento en establecementos rurais (noites de venres e sábado). A asignación de cuartos será de libre disposición, o que supón que haberá que compartir os que sexan de dúas prazas no momento da asignación destes.
• Manutención completa dende a cea do venres ata o almorzo do domingo.
• Programa de actividades, equipo técnico responsable, así como o material preciso para o seu desenvolvemento (no suposto de mal tempo levaranse a cabo actividades alternativas).
O desprazamento ata os aloxamentos vai por conta das persoas que participan, tanto o día de incorporación como o día do remate da actividade.

Para máis información, os interesados poden consultar as seguintes ligazóns:

IR Á LIGAZÓN Información da Xunta sobre o programa Xuventur 2017

IR Á LIGAZÓN Folleto sobre o programa Xuventur 2017