Programa de respiro para familias de persoas con discapacidade intelectual 2018 (FADEMGA)


Don Antonio Pereiro Liñares, alcalde do Concello de Tordoia (A Coruña)

FAI SABER: programa de respiro para familias de persoas con discapacidade intelectual 2018 (FADEMGA)

É un servizo que se ofrece FADEMGA aos familiares-coidadores e que se ocupan temporalmente do coidado da persoa con discapacidade, a través de estancias longas , medias ou de fin de semana en residencias ou en turnos programados. Tamén hai a opción de solicitar apoios puntuais (canguros) no domicilio familiar.

As estancias Terán unha duración de entre 3 e 5 días en instalación comunitarias de diversas localidades das provincias de A Coruña e Pontevedra, dede o mes de febrero ata o mes de decembro de 2018.

Prazos: as solicitudes deberán presentarse con un mínimo de 15 días de antelación á data da realización da estancia en instalación comunitarias solicitada.

Para as estancias en instalacións comunitarias programadas do verán, deberán presentar as solicitudes antes do 31 de maio (reservaranse 4 prazas por estancia para aquelas que presenten a solicitude máis tarde, pero sempre cumplindo un mínimo de 15 días).

Solicitudes e máis información: servizos sociais comunitarios e web de FADEMGA

Tordoia 30 de xaneiro de 2018

O Alcalde

Descargar Bando Bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia para estadias nalgún estado membro da Unión Europea