Mediante Bando da Alcaldía infórmase aos veciños e veciñas que xa está aberta a convocatoria para participar no programa de TURISMO SOCIAL do IMSERSO para a tempada 2019-2020 (BOE no 150 do 24/6/2019).
Requisitos:
- Ser pensionista de xubilación do sistema público español de pensións.
- Ser pensionista de viudedade e ter 55 anos cumpridos.
- Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
- Ser titular o beneficiario do sistema de Seguridade Social, con 65 anos cumpridos. Deberán valerse por si mesmos/as e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
Modalidades:
- Zona costera peninsular: Andalucía, Cataluña, Murcia e C. Valenciana: estancias de 15,10 e 8 días.
- Zona Costera Insular: Canarias e Illes Balears, estancias de 15,10 e 8 dias.
- Turismo de Interior, coas seguintes actividades: Circuitos Culturais, Turismo de Natureza, Viaxes a Capitales de Provincia, Viaxes ás cidades Autónomas de Ceuta e Melilla estancias dende 4 ata 6 días.
Único período de presentación: do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2019.
Si a pasada tempada estaba acreditado/a para viaxar, non é necesario que cumprimente nova solicitude, xa que recibirá un impreso no que figuran os datos persoais e de preferencia de modalidade de viaxe, e que deberán devolver ao IMSERSO só no suposto de que se quera modificar algún dato, nun prazo que finaliza 0 10 de xullo de 2019.
As persoas interesadas deberán presentar as solicitudes a través dos Servizos Sociais Comunitarios. Os datos de contacto son:
Baixo da Casa do Concello.
Luns, martes, xoves e venres: de 9.00 h a 14.00 horas.
981 690001 Persoa de contacto: Mónica Rodríguez Palacio.
Pode ver o bando da Alcaldía completo na seguinte ligazón:
IR Á LIGAZÓN Programa de turismo do IMSERSO para a tempada 2019-2020