Punto de Información Catastral


[vc_row][vc_column][vc_column_text]

O Punto de Información Catastral é unha oficina autorizada pola Dirección Xeral do Catastro no Concello, onde os veciños e veciñas poden acceder á información catastral.

Servizos que presta o Punto de Información Catastral:

  • A calquera cidadán:
    • Consulta e certificación de datos catastrais non protexidos
  • Aos titulares catastrais ou aos seus representantes debidamente autorizados:
    • Certificación da circunstancia de non figurar como titular catastral
    • Consulta e certificación de datos catastrais protexidos (nome, apelidos, razón social, NIF, domicilio e valor catastral) e non protexidos relativos, aos inmobles da súa titularidade

A este servizo debe aplicárselle a ordenanza fiscal nº 4, reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos, quedando marcados os importes do seguinte xeito:

  • Epígrafe cuarto: Documentos relativos ó servicio de urbanismo e catastro.
    • Expedición certificacións oficiais: 12 euros.
  • Epígrafe quinto: por calquera outro expediente ou documento non especialmente tarifado: 12 euros.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]

INFORMACIÓN DE CONTACTO

1º andar da Casa do Concello

9.00h-14.30h

correo@tordoia.gal

981-690001 Persoa de contacto: Alfonso García

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]