Recollida de fotografías antigas


A Concellería de Cultura está facendo unha nova recollida de fotos antigas ao longo de todo o mes de outubro para a elaboración do calendario municipal do ano 2018.

Por este motivo, pedimos a colaboración dos veciños para que nos faciliten fotos de grupos de xente (de casamentos, etc .. ) e que pasen polo Concello para poder facerlle unha copia e xa levalas para a casa no mesmo momento.

Tamén poden facilitalas por e-mail (isabel.mosquera@tordoia.gal), pero será necesario que envíen xunto as fotos unha autorización de imaxe cuberta e asinada que atoparán na web municipal (www.tordoia.gal).
Sen a vasa axuda non será posible facelo, animádevos!!!

Pode acceder á autorización de cesión de imaxe na seguinte ligazón:
IR Á LIGAZÓN Autorización de cesión de imaxe