Remata o Verán Lúdico 2018


E chegou o día. Rematou xa o Verán Lúdico 2018.

Unha iniciativa calificada sen dúbida como éxito polo Concello, e a xulgar polas facianas dos nenos e nenas tamén por eles, que encheron as actividades de alegría e ganas de aprender. Globos, pinturas e confidencias ocuparon as últimas xornadas, antes de chegar o momento da despedida.

Na seguinte ligazón pode ver unha galería de imaxes destes últimos momentos xuntos… Unha aperta enorme e ata o ano que vén!!