Saúdo do Alcalde


Estimado visitante,

Benvido á páxina web do Concello de Tordoia. Unha páxina que nace co propósito de dar servizo á cidadanía como medio de comunicación, participación e información.

Queremos dar a coñecer as nosas actuacións en materia deportiva, cultural, urbanística, benestar social, etc… pretendemos que sexa unha ferramenta útil para acceder á información municipal e crear un espazo dinámico e aberto á participación de todos.

As novas tecnoloxías permiten que a Administración electrónica sexa cada vez máis extensa. Ofrecer un número amplo de trámites dos distintos servizos municipais e as ferramentas necesarias para acercar a xestión municipal, facilitará a relación dos veciños de Tordoia co seu Concello.

Con esta web “Tordoia está preto de ti”, máis que nunca. Abrimos esta xanela de par en par, mostrando as nosas paisaxes, a nosa cultura e a nosa historia, e posicionamos o noso Concello na rede, renovando a aposta que sempre fixemos polas potencialidades turísticas e culturais de Tordoia.

O Dolmen de Cabaleiros, a Pedralonga, as áreas recreativas ou a Férveda de Santaia están hoxe a disposición de ser coñecidas no mundo enteiro e nós estamos abertos a recibir a todo aquel que queira visitalos.

Ademáis, o noso compromiso é avanzar en transparencia, e para eso esta páxina web conta cun portal específico, un instrumento que permite aos cidadáns acceder a toda a información, todas as xestións, e todas as decisións do goberno municipal. Ademais, conta cun apartado de participación, pois trátase dunha canle aberta de comunicación.

Invítovos a todos a navegar por esta web e a descubrir Tordoia.

Esperámosvos.

Antonio Pereiro Liñares

Alcalde de Tordoia