Festexos e Terceira idade


Dende este departamento realízase a coordinación co resto de áreas municipais para o desenvolvemento dos eventos nos que o Concello participa como organizador ou colaborador.

A aportación de axudas ás comisións de festas do Concello, así como a cesión de instalacións municipais para actividades culturais e asociativas, enmárcanse dentro das políticas colaborativas co tecido social.

O Concello organiza anualmente dúas viaxes para todos os veciños e veciñas, cun claro contido cultural, na procura do desevolvemento de actividades formativas, sociabilizadoras e lúdicas.

No que atinxe aos máis novos:

  • Esta área colabora na organización de festas e excursións culturais en colaboración coa comunidade educativa dos centros de ensino.
  • Lévase a cabo a organización anual da “festa do neno” nas instalacións da Piscina municipal, con obradoiros, hinchables e monitores.

As labores desenvoltas máis centradas nos maiores son:

  • Dinamización dos centros sociais de maiores sitos en cada parroquia a través do programa “En forma”.
  • Organización do encontro anual de maiores no Campo da Rega: esta “Romaría da 3ª idade” é xa unha tradición no Concello.
  • Preparación da excursión anual da 3ª idade no mes de agosto

INFORMACIÓN DE CONTACTO Festexos e 3ª idade

 1º andar da Casa do Concello

  9.00h-14.30h

manuela.gonzalez@tordoia.gal

981 690 001 Persoa de contacto: Manuela González