Servizos Sociais, Benestar, Igualdade e Muller


Os servizos sociais comunitarios básicos teñen un carácter local, aberto e polivalente. Están dirixidos ao conxunto da poboación do ámbito xeográfico municipal e constitúen a canle normal de acceso ao sistema de servizos sociais co que se garantiza a universalidade do sistema e a súa proximidade ás persoas usuarias, ás familias e ao ámbito comunitario.

OBXECTIVOS

  • Posibilitar unha atención integral á poboación e, en especial, aos sectores carentes de recursos persoais e/ou socioeconómicos.
  • Previr as desigualdades que conducen á marxinación social, posibilitando a cobertura dos problemas sociais da poboación.
  • Garantir unha información axeitada a todos os cidadáns sobre os seus dereitos e recursos sociais existentes, promovendo así as condicións de igualdade entre os individuos.
  • Profundizar sobre a idoneidade dos recursos, prestacións…. orientándoos á cobertura das necesidades prioritarias da poboación.

FUNCIÓNS DOS SERVIZOS SOCIAIS

  1. Estudo e diagnóstico social da comunidade, que implica a detección e análise de necesidades e demandas, explícitas e implícitas, no seu ámbito de intervención.
  2. A elaboración dun plan de intervención comunitario acorde coas necesidades detectadas o anticipadas no diagnóstico social.
  3. A identificación de grupos de poboación e persoas socialmente vulnerables e a detección precoz de situacións de risco ou desprotección para o desenvolvemento de actuaciones de carácter preventivo e de promoción social.
  4. A atención das situacións individuais e familiares, a información en relación coas demandas presentadas, o diagnóstico e a valoración técnica previa e la consecuente xestión do caso, que incluirá, cuando sexa conveniente, a derivación cara ao recurso idóneo dentro do sistema galego de servizos sociales ou doutros sistemas de benestar, así como a asistencia, a orientación e, de ser preciso, o acompañamento no procedemento de acceso normalizado a outros recursos existentes.
  5. A participación na xestión das prestacións económicas e o seguimento dos correspondentes proxectos personalizados de intervención nos termos establecidos en la normativa específica en materia de inclusión social.
  6. A xestión do servizo de axuda no fogar, así como a participación na xestión das prestacións destinadas a garantir a autonomía persoal e a atención á dependencia, nos termos establecidos na normativa que resulte aplicable.
  7. A información, a orientación e o asesoramento a toda a poboación, facilitando o seu acceso aos recursos sociais.
  8. O fomento da participación activa da cidadanía mediante estratexias socioeducativas que impulsen a solidaridade e a cooperación social organizada.
  9. O mantenemento actualizado do sistema de información de personas usuarias (SIUSS).
  10. A coordinación efectiva cos distintos sistemas de benestar e protección social que actúen no seu territorio, así como coas entidades de iniciativa social autorizadas que poidan complementar a súa actuación.
  11. A cooperación con outras administracións e poderes públicos na remisión de información necesaria nos procedementos que correspondan en relación cos servizos sociais comunitarios e as súas persoas usuarias, sen perxuício da observación das garantías establecidas na normativa sobre protección de datos de carácter persoal.

PROGRAMAS QUE SE DESENVOLVEN DENDE OS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS (pode consultalos no seguinte menú desplegable):

O obxectivo principal deste programa é informar, orientar e asesorar aos veciños e veciñas de Tordoia sobre os recursos ao seu alcance necesarios para resolver ás súas problemáticas, ademais de mediar e facilitar o seu acceso.

Asemade estúdanse as demandas presentadas para, posteriormente, tras unha valoración profesional, establecer un diagnóstico e un proxecto de traballo personalizado, capaz de dar unha resposta individualizada e adaptada a cada persoa ou familia e ás súas circunstancias.

Tamén realízanse as derivacións aos Servizos Sociais Especializados cando así o require a complexidade e/ou especificidade da intervención.

Os obxectivos son:

a) Proporcionar información, orientación, asesoramento e acompañamento ás personas, ás familias e aos grupos sociais.

b) Realizar a valoración e o diagnóstico social das demandas da cidadanía.

c) A intervención básica de traballo social de caso e grupos, de acordo cos dereitos sociais, necesidades, demandas e recursos dispoñibles.

d) Derivar cara á intervención social, biopsicosocial o socioeducativa idónea para cada caso, que favoreza la adquisición o recuperación de funcións e habilidades personais e sociais e procure a mellora da autonomía, da convivencia social e familiar e da inclusión social. Esta derivación poderá realizarse cara os distintos programas de servizos sociales comunitarios, tanto básicos como específicos, e, se é o caso, cara aos servizos sociais especializados.

Destacar que no programa de orientación, información e asesoramento cada vez rexistrase un maior número de usuarios, cousa razoable tendo en conta que os servizos sociais de base son a porta de entrada ós servizos sociais e a Traballadora Social o profesional de referencia dos mesmos. Aquí recíbense as diversas demandas facendo a valoración correspondente e dependendo da situación algunhas delas son derivadas a outros recursos.

O servizo de axuda no fogar é un servizo público de carácter local, consistente en ofrecer un conxunto de atencións ás persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu contorno habitual.

O servizo de axuda no fogar ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestructuración familiar, facilitando a permanencia no seu propio contorno e evitando así o seu internamento.

Son obxectivos do servizo de axuda no fogar:

  • Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.
  • Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual.
  • Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio.
  • Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social.
  • Previr situacións de dependencia ou exclusión social.
  • Retardar ou evitar a institucionalización.
  • Reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.

SERVIZO BÁSICO SAF:

  • Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria: asistencia para levantarse e deitarse; apoio no coidado e hixiene persoal, así como para vestirse; control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse; supervisión, cando proceda, das rutinas de administración de medicamentos prescritas por facultativos; apoio para cambios posturais, mobilizacións, e orientación espazo-temporal; apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia; e outras tarefas para favorecer a atención integral da persoa usuaria.
  • Acompañamento persoal na realización doutras actividades complementarias: seguemento das intervencións realizadas polo sistema sanitario; e apoio en trámites urxentes de carácter administrativo, xudicial e similares.
  • Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, tales como: limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda; compra de alimentos e outros produtos de uso común; preparación dos alimentos; lavado e coidado das pezas de vestir, así como do enxoval doméstico; coidados e mantemento básico da vivenda.
  • Atencións de carácter psicosocial e educativo: intervencións técnico-profesionais formativas e de apoio ao desenvolvemento das capacidades persoais, á afectividade, á convivencia e á integración na comunidade así como á mellora da estruturación familiar.

a) Detectar e valorar as situacións de persoas, grupos ou áreas territoriais en situación e risco de exclusión.

b) Participar no procedemento de asignación das prestacións económicas de inclusión social, orientadas a satisfacer necesidades pecuniarias básicas e a estimular a incorporación social e laboral. De maneira particular analizarán o perfil sociolaboral de cada caso e expedirán os informes e propostas de derivación e idoneidade do recurso que se establezan no procedemento.

c) Favorecer o desenvolvemento dos itinerarios personalizados de inclusión.

d) Desenvolver actuacións en relación co seguemento e revisión das prestacións económicas establecidas.

a) Fomentar a solidaridade entre os membros da comunidade local e a acción voluntaria na área social.

b) Fomentar a creación de organizacións de autoaxuda, axuda mutua e de acción solidaria, mediante o correspondente asesoramento, formación e acompañamiento do dito proceso.

Se desexa coñecer máis información sobre as actividades e programas que se levan a cabo dende os servizos sociais municipais, pode consultar a seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Programas específicos do Concello de Tordoia

INFORMACIÓN DE CONTACTO Servizos Sociais

Baixo da Casa do Concello

  Luns, martes, xoves e venres: de 9.00h – 14.00h

servizos.sociais@tordoia.gal

981 690001 Persoa de contacto: Mónica Rodríguez Palacio