Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes


Mediante Bando da Alcaldía infórmase aos veciños e veciñas que se aproban as bases para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes, e se convocan para o ano 2019 (DOG do 17/06/2019) PR937A.

Poden ser beneficiarios: as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:

  1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.
  2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os descendentes das persoas galegas e nacidas en Galicia ata o segundo grao de consanguinidade incluído.
  3. As persoas beneficiarias das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior convocadas pola Secretaria Xeral da Emigración.

Contía e compatibilidade de axudas: establécese unha contía da subvención de 5.000 euros, incrementándose no caso de concorreren as seguintes situacións e nos seguintes importes, que serán acumulables:

  1. No caso de que a persoa solicitante sexa muller: 1.000 euros.
  2. No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural: 2.000 euros.

Esta axuda é compatible con outras para o mesmo fin, sen que a contía total supere o custo da actividade. O importe máximo da subvención concedida ao abeiro desta convocatoria será de 8.000 euros

Solicitudes: Secretaria Xeral de Emigración

Prazo: rematará 0 30 de setembro de 2019

Para máis información ou tramitación de solicitudes as persoas interesadas deberán contactar cos Servizos Sociais Municipais. Os datos de contacto son:

Baixo da Casa do Concello.

Luns, martes, xoves e venres: de 9.00 h a 14.00 horas.

servizos.sociais@tordoia.gal

981 690001 Persoa de contacto: Mónica Rodríguez Palacio.

Na seguinte ligazón pode descargar o bando municipal:

DESCARGAR PDF Bando Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes