Bases para a axuda da tarxeta benvida


Don ANTONIO PEREIRO LIÑARES, alcalde do Concello de TORDOIA

(A Coruña)

FAI SABER

Que pola Orde do 19 de decembro de 2017 se establecen as bases palas cales se rexerá a concesión da axuda económica, a través da Tarxeta Benvida, para familias con filias e fillos nadas/os no ano 2018 e se procede a súa convocatoria (DOG nº 246 do 29/12/2017)

Obxecto: Establecer unha axuda económica para as familias que no ano 2018 teñan un/unha filio/a, adopten ou estean en situación de garda con fins adoptivos dun nena ou nena nacido/a en 2018.

Requisitos:

  1. Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual en Galicia. Considerarase cumprido este requisito co empadroamento efectivo nun concello de Galicia.
  2. Que a renda da unidade familiar non supere os 45.000 €. De ser superior, a renda per cápita

non deberá superar os 13.500 €.

  1. Que a renda da unidade familiar non supere os 22.000 €, para ter dereito á ampliación no segundo e no terceiro ano de

No suposto de non convivencia das dúas persoas proxenitoras se unha delas asume en solitario o

sustento da unidade familiar {familias monoparentais segundo o disposto no artigo 13 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, a renda da que non contribúe non será computada sempre que se acredite documentalmente a dita circunstancia.

Tipos de axuda e contías: Con carácter xeral, a contra total da axuda é de 1.200 € por cada filio ou filia nado/a en 2018 durante o seu primeiro ano de vida a razón de 100 €/mes, que se farán efectivos do seguinte xeito:

  1. Ano 2018: un único pagamento coa contía que corresponda en función do mes de nacemento ou de ser o caso, do ditado da resolución de adopción ou garda con fins adoptivos e ata o mes de decembro,
  2. Ano 2019: un único pagamento coa contía que corresponda desde xaneiro e ata o mes

anterior aoque o neno ou nena cumpra un ano.

Para aquetas familias con renda igual ou inferior a 22.000 €, a axuda ampliarase no segundo ano de vida e ata que o neno ou nena cumpra tres anos, nas seguintes contias : 600 €/ano, a razón de 50

€/mes, se o filio/a que dá dereito á axuda é o primeiro; 1.200 €/ano, a razón de 100 €/mes, se o filio/a que dá dereito á axuda é o segundo; 2.400 €/ano, a razón de 200 €/mes, se o filio/a que dá dereito á axuda é o terceiro ou sucesivos.

Prazo: Será de dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento ou se dita a resolución administrativa ou xudicial para os supostos de garda con fins adoptivos e de adopción

Descarga Bases para a axuda da tarxeta benvida