Tordoia rehabilita dúas vivendas das antigas escolas de Vilarchán e Piñeiro


As vivendas das escolas de Piñeiro na parroquia de Viladabade e de Vilarchán na parroquia de Cabaleiros, van a ser rehabilitadas para o seu para o seu aluguer entre demandantes do concello, con preferencia para persoas de poucos recursos.

A principal inversión recaerá na vivenda de Piñeiro cunha inversión de 40.000 €, xa que se pretende o seu vaciado para a renovación total das instalación e dos servizos.

En canto á de Vilarchán, ao tratarse de varias obras menores por xa haber sido rehabilitada no seu día por un obradoiro de emprego, o gasto será de 10.000 €.