Veciñas e veciños de Tordoia regresan da súa excursión por Cáceres, Cádiz e o Algarve


Máis de medio centenar de veciños e veciñas deste concello, acaban de regresar dunha excursión de sete días, na que estiveron acompañados pola concelleira de cultura, Manuela González, e o teniente de alcalde, Amadeo Cancela.

Entre os moitos lugares de interés que visitaron, están as visitas a Cáceres, Cádiz, onde visitaron as Bodegas González Byass (Tío Pepe) e asistiron a unha exhibición de arte ecuestre. Tamén visitaron o casco antiguo da cidade, Jerez de La Frontera e Chiclana, para despois dirixirse a Portugal e disfrutar do Algarve a da Albufeira.