Viaxe do concello de Tordoia por Cantabria e Bilbao   ¡Novedad!


O concello de Tordoia ven de realizar unha viaxe de tres días no que participaron un total de 57 veciños/as, por Santander e Bilbao, lugar éste último onde visitaron o Museo Guggenheim e puideron ver a exposición “Soy tu Espejo” da artista portuguesa Joana Vasconcelos.

Tamén visitaron Liérganes, municipio e localidade de Cantabria declarado de interés histórico-artístico nacional en 1978 e que conta cunha valiosa arquitectura dos séculos XVII e XVIII.