Visita de alumnos e alumnas do CPI Pecalama ás dependecias municipais do concello de Tordoia


O alcalde de Tordoia, o teniente de alcalde e as concelleiras de Servizos Sociais e de Cultura, recibiron a visita de alumnos de cuarto de infantil do CPI Pecalama, que viñan acompañados pola directora do centro e dous mestres.

Nesta visita, ademais de explicarlle o funcionamento da institución, puideron coñecer as dependencias municipais e o persoal responsable das diferentes áreas, así como algunhas das actividades que se realizan.

Seguidamente o alcalde recibiunos no seu despacho e no salón de plenos, onde todos expuxeron as súas peticións, que como non podería ser doutra maneira, serán atendidas na maior brevidade posible.

Por último, todos disfrutaron do coche da policía local, sendo a sirena do mesmo a protagonista.