Visitas guiadas ao Dolmen de Cabaleiros


O Concello de Tordoia asinou esta semana coa Deputación Provincial un convenio mediante o cal se iniciará un período de visitas guiadas ao Dolmen de Cabaleiros desde o 30 de xullo ata o 25 de setembro.

As visitas guiadas realizaranse os sábados, domingos e festivos de 11:00 h a 19:00 h, e para concertalas deberá chamarse ao teléfono de contacto 638 927471.

O resto dos días, poden realizarse visitas libres ao Dolmen.