Xincana lingüística no Verán-Lúdico


O venres 21 de xullo, dentro da xornada do Verán-Lúdico de Tordola celebrarase unha XINCANA LINGÜÍSTICA organizada polo Servizo de Normalización Lingüística da  Mancomunidade de Ordes.

A xincana ten por obxectivo estimular e fomentar o uso do galega dun xeito lúdico e educativo, incentivando o uso xenerallzado do galego e ampliando as habilidades de comunicación oral.

A través de distintos xogos ampliaremos o vocabulario relacionado co deporte e incidiremos no uso do galego nas actividades deportivas.