O Alcalde Antonio Eduardo Pereiro Liñares, informa aos veciños e veciñas mediante un novo Bando de Alcaldía que a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, organiza o programa “Xuntos polo Nadal 2019” de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores de 60 anos, que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
O destino ao que se trasladarán as persoas participantes no programa será a Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as persoas solicitantes das provincias de A Coruña.
Este programa vaise desenvolver entre o 23 de decembro de 2019 e o 7 de xaneiro de 2020, e comprende os seguintes servizos:
• Estancia na residencia durante 16 días (15 noites).
• Aloxamento, en habitacións compartidas, e manutención en réxime de pensión completa.
• Desprazamento en autobús.
• Actividades de animación sociocultural.
A recollida das persoas participantes efectuarase o día 23 de decembro pola tarde e a volta o día 7 de xaneiro despois do almorzo.
As persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (537,84 €/mes), asistirán de forma gratuita ao programa, mentres que aquelas cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pagamento da estadía coa achega de 50 €.
Para máis información e inscricións, as persoas intersadas deberán contactar cos Servizos Sociais. Os datos de contacto son:
Baixo da Casa do Concello
Luns, martes, xoves e venres: de 9.00 h a 14.00 horas
981 690001 Persoa de contacto: Mónica Rodríguez Palacio
Teléfono Social (de balde): 900 333 666
As solicitudes poderán realizarse ata o 15 de novembro incluido.
Na seguinte ligazón pode descargar o Bando publicado: