O vindeiro día 31 de outubro celebrarase no PAI unha festa con motivo do Samaín, polo que podedes vir disfrazados con motivo da celebración. Haberá música, baile e petiscos.
Obxecto: Recoñecer e visibilizar o talento e capacidades da xuventude galega, nas modalidades de Ciencia, Rural, Deporte, Empresa e Cultura e Creación. Premios: Outorgarase un premio en cada unha das modalidades de 5.000 euros por modalidade, así como unha distinción honorífica e un diploma acreditativo. Persoas destinatarias e requisitos: Ter […]
Sábados de Baile: Iniciarase este novo programa o 26 de outubro no ximnasio municipal (que despois terá continuación os segundos e cuartos sábados de mes). Será de 20.00 a 23.00 horas e contará con música en directo co dúo Manu & Albert. A entrada será libre. Inscricións no ximnasio. […]
O Alcalde Antonio Eduardo Pereiro Liñares, informa aos veciños e veciñas mediante un novo Bando de Alcaldía que a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, organiza o programa “Xuntos polo Nadal 2019” de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás […]
O próximo martes 15 de outubro ás 19.30 horas, Día da Muller Rural, no Pazo do Bidueiro de Ordes realizarase a estrea do documental “Murmurios de silencio”, un testemuño da violencia de xénero no medio rural que recolle historias de vida de mulleres reais da comarca de ordes. O acto […]
Desde hoxe os veciños e veciñas de Tordoia teñen unha nova canle de comunicación da información municipal, pois xa está na rúa o primeiro número do boletín de actividades do Concello de Tordoia. Destaca neste primeiro exemplar a publicación das actividades deportivas municipais deste novo curso 2019-2020, e da que […]
Máis de medio centenar de veciños e veciñas deste concello, acaban de regresar dunha excursión de seis días, na que estiveron acompañados pola concelleira de cultura, Manuela González, e o concelleiro Amadeo Cancela. Entre os moitos lugares de interés que visitaron, están as visitas ao Santuario de Lourdes, Andorra, Zaragoza […]
Nas próximas datas está previsto o inicio de clases de acordeón na Casa de Cultura municipal. Esta actividade está organizada polo dúo musical Alborada e Alberto Suárez. Para máis información ou inscricións, as persoas interesadas deberán chamar ao 667 374 409 (Alberto) ou ao 639 836 619 (José Manuel).
A biblioteca municipal acolle este venres, ás 10.00 horas, a actuación do mago ourensán Deimi co seu espectáculo “A maxia está nos libros” para os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria. Esta actuación consiste en números de maxia sorprendentes e variados relacionados sempre co mundo da lectura. […]
O Alcalde Eduardo Antonio Pereiro Liñares vén de publicar un bando para anunciar a convocatoria pola Fundación Amancio Ortega do seu programa de becas, 600 bolsas de estudos das cales 100 asignaranse aos participantes dos centros de ensino da Comunidade Autónoma de Galicia. Este programa está dirixido a estudantes de […]