A Escola Infantil Municipal do Concello de Tordoia conta con 30 prazas para nenos e nenas de 3 meses a 3 anos, en horario continuo de 7.00h a 15.00h.
Nas instalacións inauguradas no curso 2015/2016, o Concello pon a disposición unha sala de gateo e xogos, unha zona de descanso, 2 cociñas, 1 despacho, 2 aseos, sala multiusos, 2 aulas, 2 zonas de hixiene e zona de almacén.
O persoal de atención aos nenos e nenas está formado por catro persoas:
- 1 directora e persoal de atención directa, diplomada en atención infantil.
- 2 auxiliares de apoio, técnico superior en educación infantil.
- 1 persoal de apoio, coa titulación requirida.
