Finalización das obras do Saneamento de Bedrobe


O día 01/12/2021 finalizaron as obras do Saneamento de Bedrobe. A actuación consiste na instalación dunha rede de saneamento por gravidade de 340 m de tubaxe de Ø315 mm SN-4 de PVC con 10 pozos de rexistro en calzada previa escavación de foxo e posterior recheo e compactación do mesmo.

Esta rede dará servizo, nun futuro, a un total de 93 hab. do lugar de Bedrobe, parroquia de San Xulián de Cabaleiros e conducirá a augas fecais ata un conxunto compacto fosa + filtro biolóxico prefabricado en poliester reforzado con fibra de vidro, cun volume total 45.000 l.

Con un Orzamento de 51.263.49 €, 50.000 foron aportados por Augas de Galicia estando cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)