Recollida de lixo


RECOLLIDA ENSERES VOLUMINOSOS E CHATARRA

Recollida: último luns de mes

  • Depositar os residuos xunto aos colectores verdes de restos orgánicos antes das 9.00h
  • Se o último luns de mes coincide en festivo, a recollida farase o luns da semana seguinte

CONTENEDOR AMARELO – ENVASES DE PLÁSTICO, LATAS E BRIKS

Recollida: os xoves

  • Botellas de plástico destinadas a albergar líquidos (aceites vexetais, refrescos, auga mineral, leite…)
  • Botes de plástico groso que conteñan productos de aseo ou limpeza (xel de baño, xampú, lavalouzas, suavizante, etc…)
  • Latas de bebidas e conservas
  • Bricks de leite, viño ou zumes de froitas
  • Bandexas de porexpán ou cortiza branca
  • Redes de envoltorios de froitas ou verduras
  • Plásticos filme: bolsas finas, plásticos para envolver
  • Envases mixtos distintos dos briks como bolsas de aperitivos, envases de bolería industrial, etc…

Non se debe depositar nestes colector residuos de plástico que non sexan envases nin envoltorios (xoguetes, cepillos de dentes, rotuladores, cables eléctricos).

CONTENEDOR AZUL – ENVASES DE CARTÓN E PAPEL

  • Xornais e revistas
  • Cadernos (sen argolas, grampas nin clips)
  • Papel de envolver e embalar
  • Caixas de cartón
  • Cartóns de ovos
  • Acolchado de embalaxes (cando sexan de papel ou cartón)
  • Libros

Non se deben depositar neste colector os papeis de calco, os cartóns de leite, zume ou viño; nin o papel ou cartón con restos de graxa, xa que dificultan a posterior reciclaxe.

IGLÚ VERDE – BOTELLAS, FRASCOS E TARROS DE VIDRO

Recollida: última semana do mes

Non se deben depositar neste recipiente as tapas, tapóns e cortizas, así como vidros especiais (parabrisas, pantallas de televisión ou ordenados, lámpadas ou espellos, xanelas, etc)

CONTENEDOR VERDE – MATERIA ORGÁNICA

  • Restos de comida
  • Cueiros e compresas
  • Panos de papel
  • Varrido da casa
  • Roupa estragada

MATERIAIS ESPECIAIS

Medicamentos fora de uso: punto SIGRE da farmacia. As direccións das farmacias sitas no Concello de Tordoia son:

  • Xesteira, 4 (Pontepedra) – CABALEIROS – C.P. 15683 (Tordoia)
  • Tablilla, 5 – BARDAOS – C.P. 15684 (Tordoia)

Pilas usadas: Colectores especiais en comercios e no Concello

Para calquera outra información adicional, pode chamar ao seguinte número de teléfono:

609 079 419

Tamén pode consultar o tríptico realizado polo Concello con esta información, na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Recollida de lixo e reciclaxe