RENOVACIÓN DE INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN EN ANDOIO E CABALEIROS – CONCELLO DE TORDOIA – FEDER-EELL-2019-003463
Realízase a substitución de luminarias de vapor de sodio, vapor de mercurio actuais por luminarias máis eficientes de tecnoloxía LED, que supoñen unha mellora das instalacións que permiten unha redución do consumo enerxético das instalacións e redución da contaminación lumínica. As vantaxes das luminarias de tecnoloxía LED é unha maior eficiencia fronte as luminarias substituídas, que se ve reflectida en que a menor potencia instalada conséguense un maior rendemento e maior vida útil.