No relativo ás actividades turísticas, o Concello participa en feiras e exposicións turísticas para dar a coñecer a comarca, así como a preparación de visitas, viaxes e excursións dos veciños de Tordoia.
O Concello dispón de varias áreas recreativas de acceso libre, integradas co entorno rural, que contan con instalacións deportivas e lúdicas (merenderios, barbacoas, parques boisaludables):
- Área recreativa da Folgueira (parroquia de Anxeriz)
- Área recreativa da Rega (parroquia de Cabaleiros)
- Área Recreativa de Mordón (parroquia de Bardaos)
- Área recreativa do empalme Anxeriz (parroquia de Anxeriz)
- Área de Pedralonga (parroquia de Cabaleiros)
Pode consultar toda a información dispoñible das áreas, as instalacións coas que contan e como chegar na seguinte ligazón:
ÍR Á LIGAZÓN Información sobre áreas recreativas
A programación das actividades culturais levadas a cabo polo Concello vertébrase na celebración das tradicións culturais (Nadal, Entroido, Letras Galegas, Magosto) e tradicións gastronómicas (Festa do Rixón), así como a colaboración coas diversas iniciativas levadas a cabo polas asociacións do municipio, como a “Xornada gastronómica do grelo de Anxeriz” e a “Romaría galega da Pontraga”.
O Concello conta coas seguintes instalacións culturais:
- Casa da cultura: Edificio municipal que concenta a maior parte das instalacións culturais do Concello. Conta coa biblioteca municipal, aula de informática, salón de actos multidisciplinar e salas de reunións.
- Centros socioculturais en todas as parroquias
- Áreas infantís: Parque infantil da Eirexe (parroquia de Bardaos), parque infantil do Pazo (parroquia de Anxeriz) e parque infantil do CPI Pecalama
En colaboración con outras administración (Deputación, Mancomunidade, Xunta), o Concello xestiona actuacións musicais, artísticas, teatrais que se levan a cabo nas distintas parroquias municipais.
No campo editorial, dende o departamento de cultura colabórase na edición, publicación ou presentación obras relacionadas co Concello ou creadas por veciños e veciñas.
Dentro deste punto, destaca a publicación anual do Calendario Municipal, froito da colaboración dos veciños e veciñas que aportan parte do seu arquivo fotográfico.
INFORMACIÓN DE CONTACTO Actividades Culturais e turísticas
1º andar da Casa do Concello
9.00h-14.30h
981 690 001 Persoa de contacto: Isabel Mosquera