OFERTA DE EMPREGO
O Concello de Tordoia Informa
Que desde o luns 25 de setembro e ata o 30 de setembro de 2017, está aberto o prazo para solicitar emprego dentro do PLAN DE EMPREGO DO CONCELLO DE TORDOIA polo cal se contratarán a 5 peóns cunha xornada de 5 horas diarias polo período de 3 meses.
Os interesados deberán presentar a documentación no rexistro xeral do concello conforme o establecido nas bases da convocatoria que se poderá consultar no taboleiro de anuncios municipal.