Bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequeñas infraestructuras para proxectos de enerxías renovables


Don Antonio Pereiro Liñares, alcalde do Concello de Tordoia (A Coruña)

FAI SABER: que pola Resolución do 26 de decembro de 2017 se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequeñas infraestructuras para proxectos de enerxías renovables destinadas a particulares e confinanciadas parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural  (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, se anuncua a convocatoria anticipada para o ano 2018 e se preocede á selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións {IN421H,IN421}(DOG nº 21 do 30/1/2018)

Obxeto: apoiar proxectos pormovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociación con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible e outras instalación de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia ou a solar.

Beneficiarios: as persoas físicas de dereito privado, propietarias ou titulares de calquera dereito sobre inmobles de dereito residencial, comunidades ou mancomunidades de vecinos, sempre que as acutacións subvencionadas se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial sitas en Galicia, así como as agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade; estas non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de precripción nos artigos 36 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Presentación de solicitudes: as entidades colaboradoras adheridas son as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificatica da actuación).

O solicitante da axuda terá que pedir as tres ofertas necesarias para garantir a moderación de custos, tendo en conta que a oferta seleccionada corresponderá á da entidades colaboradora adherida encargada da tramitación da súa solicitude e que o equipo térmico de biomasa cumple os requisitos exixidos.

Na páxina web do Inega (www.inega.gal) estará disponible unha listaxe de entidades colaboradoras adheridas á convocatoria de axudas para equipos térmicos de biomasa.

Prazo de presentación de solicitudes: un mes, contando desde o día seguinte ao de remate do prazo de adhesión das entidades colaboradoras (que disporán de 15 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da resolución, para a súa adhesión). Ata o 20 de marzo de 2018

Tordoia 30 de xaneiro de 2018

O Alcalde

Descarga Bando bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequeñas infraestructuras para proxectos de enerxías renovables