O Concello de Tordoia vén de abrir o proceso selectivo para cubrir como persoal laboral temporal, mediante concurso-oposición, 3 prazas de peón de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais e 1 praza de peón condutor, ao abeiro do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Tordoia, para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de medios de prevención e defensa, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.
A duración do contrato será de 3 meses.
As instancias solicitando formar parte no proceso selectivo dirixiranse ó Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Tordoia, e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Tordoia, debidamente cubertas segundo o anexo I.
Nas seguintes ligazóns pode accederse ás bases do procedemento e ao anexo I:
IR Á LIGAZÓN Bases do proceso selectivo peón de brigada e peón condutor
IR Á LIGAZÓN Anexo I proceso selectivo peón de brigada e peón condutor