BANDO
CONVOCATORIA 2018
Dona INÉs SANTOS PEREIRO, alcaldesa en funcións do Concello de TORDOIA (A Coruña)
FAI SABER
Que pola Orde do 10 de abril de 2018 se regula a oferta de prazas para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2018 e se procede á súa convocatoria. (DOG no 74 do 17/4/2018).
Obxecto: Convocar un total de 679 prazas para para as estadias e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2018. En cada solicitude só se poderá relacionar un máximo de 3 destinos por orde de prioridade.
Persoas beneficiarias: requisitos
1 . Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
- Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos/as que acudan en calidade de acompañantes.
- Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
- Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
- Acadar, de conformidade co baremo, a puntuación que Ile permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
Acompañantes: A persoa solicitante poderá ir acompañada de: O seu ou a súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa coa cal teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, un fillo ou filia que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, unha persoa coa cal desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos.
Duración e servizos ofertados: As quendas teñen una duración de 10 días (nove noites) cada unha, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as 12:00 h. do día de chegada ata as 12:00 h. do día de saída, e desenvolveranse entre o mes de maio e o de outubro de 2018. Servizos: aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido cos tratamentos termais coas indicacións terapéuticas que figuren para cada balneario.
Prazo presentación de solicitudes:
Para as quendas dos meses de maio e xuño ata o día 16 de maio para as quendas dos meses de xullo a outubro ata o día 31 de maio