Viaxe cultural a Bilbao, Santander e Liérganes


Un ano máis o Concello organiza a viaxe cultural, desta volta polo norte, visitando Bilbao, Santander e Liérganes. A duración da excursión é de 3 días, con saída prevista para o 12 de outubro.

Todas as persoas interesadas deberán facela súa inscrición desde o mércores 12 de setembro no Concello. As prazas son limitadas e o prezo (todo incluido) é de 195 euros por persoa.

Máis información nas oficinas do Concello – persoa de contacto: Manuela.