Ordenanza reguladora do Punto de Atención á Infancia
Pode consultar na seguinte ligazón a ordenanza fiscal reguladora do prezo público pola prestación do servizo da Escola Infantil Municipal de Tordoia, vixente dende xaneiro de 2026.
Ordenanza reguladora 10/12/2025
Formulario de preinscrición
Na seguinte ligazón, ponse a disposición o formulario de preinscrición na Escola Infantil municipal. No propio formulario pode consultarse toda a documentación anexa que debe presentarse xunto coa preinscrición cuberta.
Prazo presentación da documentación: 1 ao 31 e maio.
Lugar de presentación da documentación: Rexistro Municipal (1º andar, Casa do Concello)
Impreso de preinscrición (PDF)
Formulario de matrícula
Unha vez que o neno ou nena é admitido no centro por primeira vez, debe entregarse o formulario de matrícula debidamente cumprimentado, xunto con:
- 2 fotos de carné do neno ou nena
- Fotocopia da tarxeta de Seguridade Social ou documento equivalente do neno/a
- Fotocopia do libro médico do neno/a (incluído apartado de vacinas)
- Certicidado de Número de conta bancaria (onde se vaia cargar a mensualidade)
- Achega da información relativa aos nomes, apelidos e DNI das persoas autorizadas para a recollida do neno/a
Prazo presentación da documentación: do 15 ao 30 de xuño ( ambos incluídos)
Lugar de presentación da documentación: Punto de Atención á Infancia – Rúa do Emigrante nº 11
Autorización para a administración de alimentos (PDF)
Formulario de reserva de praza
Esta instancia debe entregarse cando os nenos e nenas renovan praza no centro. No propio formulario sinálase a información que debe entregarse xunto coa instancia cuberta. Da documentación descrita no formulario, so será necesaria presentar aquela que sufrira algún tipo de cambio con respecto a entregada no ano anterior.
Prazo presentación da documentación: do 15 ao 30 de marzo (ambos incluídos)
Lugar de presentación da documentación: Rexistro Municipal (1º andar, Casa do Concello)
Impreso de reserva de praza (PDF)
Formulario de renuncia de praza
Este formulario deberá cumprimentarse no caso daquelas persoas que solicitaran praza, pero finalmente non desexen formalizar a matricula; ou aquelas persoas que completaron a matricula, pero non vaian iniciar o curso.
Prazo presentación da documentación: Sempre antes do inicio do curso
Lugar de presentación da documentación: Rexistro Municipal (1º andar, Casa do Concello)
Formulario Renuncia de praza (PDF)
Formulario de baixa voluntaria
No caso de que se desexe renunciar á praza concedida e formalizada unha vez iniciado o curso escolar, deberá presentarse este formulario debidamente cumprimentado.
Prazo presentación da documentación: En calquera momento do curso, sempre antes do remate do mes para que non se pase o cobro do mes seguinte.
Lugar de presentación da documentación: Rexistro Municipal (1º andar, Casa do Concello)
Formulario Baixa voluntaria (PDF)
Formulario de vacacións
Todos os nenos e nenas deben desfrutar dun mes de vacacións durante o curso (dous prazos de quince días ou un mes seguido). Independentemente do mes que se colla de vacacións, o mes que non se cobrará a mensualidade será o mes de agosto.
Prazo presentación da documentación: En calquera momento do curso, pero tendo en conta que se debe entregar no rexistro como mínimo o día que se inician vacacións
Lugar de presentación da documentación: Rexistro Municipal (1º andar, Casa do Concello)
Impreso de solicitude de vacacións (PDF)
Formulario de solicitude de cambio de horario
As familias que desexen solicitar un cambio de horario de asistencia do neno/a deberán presentar o formulario debidamente cuberto, no que consten os datos do neno/a e o novo horario solicitado.
Prazo presentación da documentación: En calquera momento do curso.
Lugar de presentación da documentación: Rexistro Municipal (1º andar, Casa do Concello)
Impreso de solicitude de cambio de horario (PDF)
Xustificante de non asistencia
As familias que que necesiten comunicar a non asistencia do neno/a ao centro deberán presentar o xustificante debidamente cuberto, no que consten os datos do neno/a, o período de non asistencia e o motivo.
Prazo presentación da documentación: En calquera momento do curso.
Lugar de presentación da documentación: Rexistro Municipal (1º andar, Casa do Concello)
Xustificante de non asistencia (PDF)
Proxecto Educativo da Escola Infantil
Outra documentación de interese
Anexo I.- Normas de funcionamento – Escola Infantil Municipal (PDF)
Normas para o bo funcionamento da EIM (PDF)
Material básico para o neno ou nena (PDF)
