Horarios e Calendario


Neste punto, os usuarios poden consultar as actividades que realizan os nenos e nenas no centro, así como calendario anual de apertura e festivos

Horario de actividades diarias

O horario de actividades diarias que se desenvolven na Escola Infantil é o seguinte:

ACTIVIDADES DIARIAS
HORAS DISTRIBUCIÓN DE ACTIVIDADES
7.00h a 10.00h Recepción dos nenos/as (a medida que vaian chegando)

  • Almorzos
  • Tempo de descanso
  • Xogo libre
10.00h a 10.30h Rutinas de aseo e hixiene
10.30h a 11.00h Merendas
11.00h a 12.00h  ACTIVIDADES DIRIXIDAS

  • Asamblea e rutinas
  • Activiades programadas
  • Xogo
12.00h a 12.30h Rutinas de aseo e hixiene
12.30h a 13.30h COMIDAS

  • Rutinas de aseo despois das comidas
13.30h a 15.00h Remate da xornada

  • Sestas
  • Xogo libre
  • Despedida
OBSERVACIÓNS
  • A distribución do horario será flexible e os nenos/as incorporaranse ás
    actividades cando estean despertas.
  • As rutinas de aseo e hixiene (cambios de cueiros) realizarase sempre que
    as crianzas o precisen.
  • Intentarase que todos os/as usuarios/as respecten os horarios do centro.

Calendario anual de apertura e festivos

De luns a venres de 7.00h a 15.00h.

O período de peche da Escola Infantil será do 15 ao 31 de
agosto (ambos incluídos).

O centro estará pechado tamén os festivos de ámbito local, autonómico e
nacional, así como os días 24 e 31 de decembro.