Menú de Comidas e Merendas


Calendario de comidas

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

Pasta

+

Lácteo

Ovo

+

Froita

Pescado

+

Froita

Arroz

+

Lácteo

Prato libre

+

Froita

ACLARACIÓNS:

  • Este curso en vez de ter un menú marcado o que imos facer é seguir unha guía como facemos coas merendas, para que todos/as traian algo similar de comida, pero sen ter que marcar menú fixo.

  • Exemplos de comidas:

    • Pasta (pasta boloñesa, ensalada de pasta, pasta con atún, guiso de pasta,…)

    • Ovo (tortilla española, tortilla francesa, xudías con ovo cocido, revolto con champiñóns,…)

    • Pescado ( calquera pescado cociñado á prancha, ó forno, á galega, …)

    • Arroz (paella, arros tres delicias, arroz con polo, …)

Para aqueles nenos/as que coman no centro, temos dúas opcións:

  • Catering

    servizo de catering ofréceo a empresa Culinaria cun custo de aproximadamente 5€ diario que inclúen un prato e postre (3 días iogur e 2 días froita). A comida ven dúas veces por semana (luns e mércores) e o centro encargase de quentar e servir.

  • Traer a comida da casa

    As familias
    proporcionan a comida feita da casa e o centro encargase de quentar e servir. A comida debe vir debidamente preparada e cortada.


Calendario de merendas

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

Galletas

Lácteos

Bocadillo ou sándwich

Froita

Libre

ACLARACIÓNS:

  • As merendas virán xa preparadas da casa nun tupper identificado co nome. O día que toca froita, virá pelada e cortada xa da
    casa (excepto o plátano que si se pode mandar coa monda).

  • Os nenos/as que aínda non coman enteiro poden traer froita triturada, pan só en vez de bocadillos, etc.

  • Os venres, normalmente, aproveitarase para celebrar os aniversarios que haxa durante a semana. Para celebralo haberá que traer un biscoito coas velas para soprar. Cada neno/a terá o seu día, polo que se hai varias cumpres durante a semana repartiranse en diferentes venres.

  • Por favor, intentade respectar o calendario de merendas
    na medida do posible.