Apertura do prazo de reserva de praza, pre-inscripción e matricula de do punto de atención á infancia para o curso 2017/2018


O Concello ten aberto o prazo a tramitación de solicitudes e matriculación do alumnado no Punto de Atención á Infancia.

Os prazos, dependendo do trámite a realizar serán os seguintes:

  • PRAZO DE RESERVA DE PRAZA (para nenas e nenas xa matriculadas no PAi antes do 31 de xan eiro, que gozarán de preferencia para a adxudicación de praza: do 1 ao 31 de marzo de 2017 (ambos incluídos)
  • PRAZO PARA PRE-INSCRICIÓN (para nenas e nenas ente os 3 meses e os tres anos de idade): do 2 ao 31 de maio de 2017 (ambos incluídos)
  • PRAZO DE MATRICULACIÓN (para nenas e nenas que fixeron a reserva de praza e a pre-inscrición): do 15 ao 30 de xuño de 2017 ( ambos incluídos)

Para máis información, descarga de modelos e documentación necesaria, consulte a ligazón do PAI:

IR Á LIGAZÓN Punto de Atención á infancia de Tordoia

Para a presentación de solicitudes e información:

Rúa do Emigrante nº 11 CP 15683 Cabaleiros – Tordoia

Horario de atención: de 7.30h a 15.00h

Correo electrónico: pai@tordoia.gal

Teléfono: 981 690350