Axudas ao alumnado universitario 2019


O Concello de Tordoia informa da convocatoria de axudas destinadas ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao logo do curso académico 2018/2019, teña dificultades económicas para continuar estudios.

Estas axudas están destinadas ao alumnado que cursa estudos universitarios conducentes ao título de graduado, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico , no curso académico 2018/19, nas universidades do Sistema universitario de Ga!icia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas que lles impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos.

Son requisitos para a solicitude destas axudas:

  1. Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida e imprevista (orfandade absoluta; situación de desemprego, falecement,o falta de pagamento acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio, enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar; vítimas de violencia de xénero; vítimas de actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar).
  2. Que a situación sobrevida e emprevista acontecese durante o actual curso académico 2018/19. Entenderase por curso académico o comprendido entre o 1 de xullo e o 30 de xuño de 2019.
  3. Estar matriculado, no curso académico 2018/19, como mínimo en 50 créditos, en estudos universitarios conducentes a unha titulación de grao, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado a que lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos que deberá de estar matriculado como mínimo de 30 créditos.
  4. Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior á renda anual da PNC para o ano 2019, multiplicada por 1,50 (8.232,0 euros anuais).
  5. Non ter percibido esta axuda con anterioridade.

Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación da orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no DOG: até o 28 de febreiro de 2019. Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación da orde, o prazo será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes o 31 de xullo de 2019.

Para máis información ou presentación de solicitudes as persoas interesadas deberán contactar cos Servizos Sociais Municipais. Os datos de contacto son:

Baixo da Casa do Concello.

Luns, martes, xoves e venres: de 9.00 h a 14.00 horas.

servizos.sociais@tordoia.gal

981 690001 Persoa de contacto: Mónica Rodríguez Palacio.

Na seguinte ligazón pode descargar o bando municipal:

DESCARGAR PDF Axudas ao alumnado universitario 2019