Axudas destinadas ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia


BANDO

Don ANTONIO PEREIRO LIÑARES, alcalde

do Concello de TORDOIA (A Coruña)

FAI SABER

Que pola Orde do 4 de decembro de 2017 se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao logo do curso académico 2017/2018, teña dificultades económicas para continuar estudios. (ED433A) (DOG nº 26 do 06.02.2018).

Obxecto: Convocar axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios conducentes ao título de graduado, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico , no curso académico 2017/18, nas universidades do Sistema universitario de Ga!icia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas que lles impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos.

Requisitos

  1. Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida e imprevista (orfandade absoluta; situación de desemprego, falecement,o falta de pagamento acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio, enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar; vítimas de violencia de xénero; vítimas de actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar).
  2. Estar matriculado, no curso académico 2017/18, como mlnimo en 50 créditos, en estudos universitarios conducentes a unha titulación de grao, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado a que lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos que deberá de estar matriculado como mínimo de 30 créditos.
  3. Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da PNC para o ano 2018, multiplicada por 1,50 (7.767,9 euros anuais).
  4. Non ter percibido esta axuda con anterioridade.

Prazo de presentación das solicitudes: Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación da orde, o prazo será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no DOG: até o 6 de marzo de 2018. Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación da orde, o prazo será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a

data límite para a presentación das solicitudes o 31 de xullo de 2018, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b).

Mais información e solicitudes: servizos sociais comunitarios.