Bando axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas


Don ANTONIO PEREIRO LIÑARES, alcalde do Concello de TORDOIA (A Coruña)

FAI SABER

Que pola Resolución do 14 de marzo de 2018, da Secretaria Xeral de Emigración, se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede a súa convocatoria para o ano 2018 (DOG no 61 do 27/03/2018).

Obxecto: Concesión de axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do seu retorno á CA de Galicia e carezan dos recursos suficientes.

Persoas beneficiarias: Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas, que residindo fóra de España se establezan na CA galega, sexan galegas e nacidas en Galicia, os seus cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as seus fillos/as.

As persoas beneficiarias deberán ter a nacionalidade española antes do retorno e ter a súa residencia actual en Galicia.

Requisitos:

  • Ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de 3 anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data do seu retorno a España.
  • Non ter transcorrido méis de 2 anos entre a data do seu retorno a España e a data de presentación da solicitude.
  • Carecer de rendas ou ingresos suficientes, computándose como tales todo tipo de rendas, mesmo as axudas, públicas ou privadas, de natureza semellante as previstas nesta resolución. Entenderase como rendas ou ingresos suficientes os que non superen, en cómputo global, o IMPREM, e relativos á renda per cápita da unidade familiar Estar empadroado e ter residencia nun concello da C.A. de Galicia.
  • Carecer de bens mobles cuxo valor supere o limite de 10.000 € méis 2.000 € adicional por cada membro da unidade familiar elou de inmobles cando a suma dos seus valores de todas as persoas que integran a u. familiar, excluída a vivenda habitual, supere o límite de 50.000 €.

Prazo de presentación: ata 0 31 de agosto de 2018, incluído.

Información e tramitación: Servizos Sociais Comunitarios

Descarga Bando axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas